Deputación de Lugo

A Deputación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados do 11M

minuto de silencio
11m
Minuto silencio 11M

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, persoal da institución provincial e veciños e veciñas, gardou este martes un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados do 11M, nos que faleceron 192 persoas no ano 2004. A Deputación secundou así a convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) cunha concentración  na Praza de San Marcos.