Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Aberto o prazo de solicitude das axudas para actividade competitiva da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
AXUDAS CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS
EFRÉN CASTRO
Deportes refozou un ano máis o importe total da convocatoria que conta cun importe total de 660.000 euros

Os clubs poden solicitar as axudas ata o 27 de marzo

Este venres abriu o prazo de solicitude das axudas de concorrencia para clubs e entidades deportivas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun importe total de 660.000 euros -60.000 euros máis que na última anualidade -.

Os clubs ata 27 de marzo para solicitar as subvencións, dirixidas a financiar gastos relacionados coa actividade competitiva como a compra de material deportivo e equipacións, custos de transporte, fichas, arbitraxe, persoal ou alugueiro de instalacións, entre outros.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro destacou "o reforzo da convocatoria, cun incremento do 10 por cento nos fondos dispoñibles" e lembrou que se trata "da liña de axudas con maior dotación das que se convocan desde a institución provincial, mostra do compromiso desta administración co tecido deportivo da provincia".

As axudas oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, en función dos criterios sinalados nas bases, referidos ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,..), á incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), ao ámbito territorial, aos anos de creación da entidade ou ao persoal contratado.

As bases e modelos de solicitude están dispoñibles nesta ligazón.