Lamatumbá, Os Carecos e Clan Maragato soarán na X Foliada Nordestía, o 28 de marzo en San Cibrao
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa asociación A Rebolaxe na organización da Foliada Nordestía, que se celebrará o 28 de marzo en San Cibrao, no concello de Cervo.
O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación do programa deste encontro de música tradicional, que contará cos concertos de Lamatumbá, Os Carecos e Clan Maragato, na Praza dos Campos.
Daniel García valorou “o traballo de A Rebolaxe na conservación e na difusión da música tradicional coa organización desta foliada, pero tamén ao longo de todo o ano como agrupación musical e como promotora de aulas de música tradicional. Se podemos disfrutar desta décima edición a xornada de Foliada é polo traballo contínuo e de base que mantén vivo o interese por ese patrimonio, que queremos recoñecer e apoiar"
A xornada comezará cos Cantos de Taberna, no que participan unha decena de grupos de música tradicional da comarca da Mariña, da Terra Chá, Lugo e do concello coruñés da Capela que animarán os locais e rúas de San Cibrao desde ás 12 da mañá ata o xantar popular. Tamén haberá un obradoiro de cerámica e outro de baile tradicional con Iago de Vicente.