O claustro do Museo Provincial de Lugo centrará as IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, os días 10 e 11 de abril
As IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense centraranse no Claustro do Museo Provincial de Lugo, catalOgado como Ben de Interese Cultural.
A deputada de Cultura Iria Castro, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a directora do Museo Provincial Aurelia Balseiro, a responsable de Arqueoloxía do Museo Ofelia Carnero e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron o programa das xornadas, que se celebrarán do 10 ao 11 de abril.
As xornadas concíbense como un espazo de reflexión, debate e intercambio para analizar a historia do claustro e das coleccións arqueolóxicas que alberga, un total de 205 pezas - fundamentalmente capiteis, pezas de heráldica, escultura devocional – datadas entre os siglos I e XIX.
“A memoria da pedra” é o epigrafe que da título ás xornadas, que teñen como fío condutor a pedra, material que garda a memoria dos canteiros e artistas artífices tanto da construción do claustro como dos bens culturais que se expoñen alí.
O programaestá dirixido á comunidade científica pero tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes ou guías turísticos. A participación nas xornadas require inscrición a través do formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeX-qk_OC6VUrcPQg0EdpJDW9AHExl5uOsDMWsfb9X5O-ocBQ/viewform?usp=header
O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o 9 de abril.