Cooperación concellos
Deputación de Lugo

Os 67 concellos da provincia terán 21,75M€ do Plan Deputación grazas ao Goberno provincial

plan deputación
Cooperación cos Concellos
O programa de investimentos saíu adiante no Pleno de hoxe cos votos a favor de PSdeG e BNG, e a pesar da abstención do PP, e supón transferirlles ás entidades locais o 20% dos Orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos, como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial

“Cumprimos co acordo que temos no Goberno de incrementar ao longo do mandato o Plan Deputación nun millón de euros, cun cuarto de millón cada ano. E tamén se modifica o tope máximo, sendo coñecedores de que os concellos que teñen máis poboación tamén teñen máis necesidades”, subliñou o Presidente

Por cuarto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o plan no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite aos concellos planificar as accións con maior antelación e traballar con máis previsión e prazo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos

As bases do Plan Deputación 2024 publicaranse no BOP o vindeiro 8 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que facilita tamén que as entidades locais teñan máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos

O Goberno provincial aprobou no Pleno ordinario celebrado este martes as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos (antes Plan Único), que decidiu subir ata os 21,75M€, o que supón transferirlle aos 67 municipios da provincia o 20% do Orzamento provincial, seguindo criterios públicos e obxectivos –como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial-, e cun respecto total á autonomía municipal. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor de PSdeG e BNG, e a pesar da abstención do Partido Popular. 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, valorou positivamente este acordo que lle permitirá aos 67  concellos da provincia desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil.  O Plan Deputación forma parte do “noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano incorporamos melloras, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos, e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, subliñou o mandatario provincial.

“Cumprimos co acordo que temos no Goberno de incrementar ao longo do mandato o Plan Deputación nun millón de euros, cun cuarto de millón cada ano. Polo tanto, no 2024 subímolo en 250.000€. Tamén se modifica o tope máximo que había, sendo coñecedores de que os concellos que teñen máis poboación tamén teñen máis necesidades”. Exemplificou o mandatario provincial que as obras que se fan grazas a este programa son “moitas, son máis de mil obras que se financian co Plan Deputación, por iso tamén lle cambiamos o nome para que se identifique mellor quen fai os investimentos”.

“Afianzamos o peso deste plan nos presupostos provinciais, cun nivel de compromiso cos concellos que non ten parangón na Xunta de Galicia -pois non conta cun plan semellante, e mantén o Fondo de Cooperación Local nun raquítico 1,1% do total do seu presuposto-; nin tampouco nas deputacións de Ourense -que se apunta a esta medida, pero queda moi por debaixo desta institución-, e de Pontevedra -que recorta os fondos en máis dun 21%”, afirmou.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, defendeu que esta maneira de traballar “responde a un xeito de gobernar, de entender a acción política dende as institucións, cunha forma de entender a xestión do público, do de todos, para que chegue a todos os municipios e veciños e veciñas da provincia”. Porto concretou que será cada concello o que priorice e decida, en función das súas necesidades como e onde quere investir os fondos que lle achega a Deputación. 

Plan Deputación 2024
Por cuarto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e prazo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos. Por exemplo, as obras públicas poderanse executar na primavera-verán, o período do ano máis axeitado para traballar en exteriores dadas as características climáticas da provincia.

Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 8 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén facilita aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. 

Reparto con criterios públicos e obxectivos
O Plan Deputación 2024 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE). 

A maiores desta contía, os 67 concellos tamén farán achegas seguindo igualmente criterios obxectivos, que no seu conxunto sumarán máis de 920.000€, o que elevará este Plan Deputación a preto dos 23M€.

 

CONCELLOS ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN DEPUTACIÓN 2024
ABADÍN  336.055,85 €
ALFOZ 275.170,45 €
ANTAS DE ULLA 272.754,69 €
BALEIRA 276.178,35 €
BARALLA 292.366,59 €
BARREIROS 277.975,79 €
BECERREÁ 304.019,12 €
BEGONTE 295.697,27 €
BÓVEDA 247.462,42 €
BURELA 378.027,06 €
CARBALLEDO 320.243,15 €
CASTRO DE REI 395.661,55 €
CASTROVERDE 305.527,86 €
CERVANTES 336.445,16 €
CERVO 298.101,62 €
CORGO (O) 340.764,97 €
COSPEITO 362.029,88 €
CHANTADA 471.753,85 €
FOLGOSO DO COUREL 270.893,75 €
FONSAGRADA (A) 443.062,04 €
FOZ 434.799,46 €
FRIOL 411.289,83 €
GUITIRIZ 443.816,48 €
GUNTÍN 316.700, 48 €
INCIO (O) 287.473,38 €
LÁNCARA 295.916,49 €
LOURENZÁ 252.394,79 €
LUGO 550.000 €
MEIRA 224.815,26 €
MONDOÑEDO 310.413,05 €
MONFORTE DE LEMOS 550.000 €
MONTERROSO 306.892,90 €
MURAS 279.509,98 €
NAVIA DE SUARNA 305.242,02 €
NEGUEIRA DE MUÑIZ 192.501,62 €
NOGAIS (AS) 251.129,95 €
OUROL 302.207,39 €
OUTEIRO DE REI 363.151,27 €
PALAS DE REI 378.134,67 €
PANTÓN 326.917,50 €
PARADELA 289.049,48 €
PÁRAMO (O) 247.386,82 €
PASTORIZA (A) 326.402,05 €
PEDRAFITA DO CEBREIRO 259.803,49 €
POBRA DO BROLLÓN (A) 284.191,49 €
POL 269.433,50 €
PONTENOVA (A) 274.453,38€
PORTOMARÍN 264.010,46 €
QUIROGA 350.510,73 €
RÁBADE

195.757,65 €

RIBADEO 452.871,35 €
RIBAS DE SIL 228.463,88 €
RIBEIRA DE PIQUÍN 230.030,82 €
RIOTORTO 237.095,93 €
SAMOS 282.057,68 €
SARRIA 550.000 €
SAVIÑAO (O) 382.725,05 €
SOBER 321.811,91 €
TABOADA 326.918,84 €
TRABADA 254.524,03 €
TRIACASTELA 204.040,09 €
VALADOURO (O) 287.186,53 €
VICEDO (O) 259.096,80 €
VILALBA 550.000 €
VIVEIRO 550.000 €
XERMADE 306.487,25 €
XOVE 281.562,85 €
TOTAL 21.750.000€