Menu toggle
Emprego

Programa de Reforzo do Emprego 2024 xa está en marcha. Integrado dentro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos é o plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia.

Esta última edición conta con máis de 3,6 millóns de euros cos que o Executivo da Deputación decidiu asumir todos os custos derivados dos contratos celebrados por circunstancias da produción ou substitución da persoa traballadora dende a data da firma dos mesmos e nomeamentos por programas de carácter temporal ou acumulación de tarefas en aplicación do artigo 10.1.c) e 10.1.d) do Estatuto Básico do Empregado Público.

Sendo o limite temporal do custo financiable o 31 de outubro de 2025.

Para dar cumprimento ao Reforzo do Emprego, lembráselles aos Concellos que deberán:

  1. Entregar unha copia das bases e da convocatoria do proceso unha vez aprobadas polo órgano competente, e antes de calquera publicación (web, BOP,..), para dar publicidade na páxina web institucional.
  2. Facilitar as persoas contratadas roupa de traballo, sempre que así o esixa o posto, e nela deberá figurar que o gasto de contratación do traballador é financiado pola Deputación mediante a impresión na mesma dos logos. DESCARGA AQUÍ OS LOGOS (exemplo do uniforme).
  3. Deberán dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto “Financiado pola Deputación Provincial de Lugo”
  4. Entregar para a xustificación da achega: memoria de actuacións realizadas, Anexo XI,  certificado do secretario/a (Anexo VIII, especificando o ámbito xurídico e a tipoloxía de contrato)  e documento emitido pola entidade bancaria (data límite de entrega da conta xustificativa 15.11.2025)
  5. No caso de que o Concello optara por iniciar con carácter retroactivo as contratacións ou nomeamentos, a 01.01.24, deberán enviar un detalle descritivo actualizado da situación a efectos de que o órgano xestor poida dar publicidade das actuacións pendentes.

DIRECTRICES

LISTAXE DOS POSTOS FINANCIADOS

 

CONTACTO

Enderezo electrónico: plandiputacion-emprego@deputacionlugo.org

Axenda emprego