Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade

PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA" 2024

XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS

O prazo máximo para realizar as visitas e actividades subvencionadas é o 31 de decembro de 2024.

A presentación da conta xustificativa realizarase, como máximo, o 31 de marzo de 2025, a través da sede electrónica da Deputación (acceder a "Trámites xerais" / "Presentación de escritos", e dirixir a solicitude a "Medio Rural, do Mar e Mocidade").

A documentación a presentar para a xustificación das axudas é a seguinte:

-Anexo V.

-Anexo VI.

-Anexo VII.

-Certificado bancario co número de conta da ANPA, ao obxecto de facer o pagamento da subvención.

-Facturas emitidas pola granxa e pola empresa de transporte.

-Xustificantes de pagamento das facturas.

IMPORTANTE: As facturas deben incluír no seu concepto a data de realización da actividade e o número de alumnos participantes. Asemade, no caso de actividades levadas a cabo por ADEGA no concepto debe indicarse que é un obradoiro, e no resto dos casos debe indicarse que se trata dunha visita.

Os anexos e o resto de documentación deben pasarse a formato PDF antes de subilos á sede electrónica.

CONVOCATORIA E BASES

OFERTA FORMATIVA

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos seguintes anexos normalizados:

ANEXO I

ANEXO I bis

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

 

 

  • Outra documentación a presentar:

- Copia dos Estatutos da entidade, inscritos no Rexistro de asociación correspondente.

- Copia do NIF da Asociación.

- Copia do DNI do/a representante da ANPA.

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

A continuación, prema:

 

SUBVENCIÓNS > SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA > ALTA DE SOLITUDE

 

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse en formato PDF.

 

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á formulación da solicitude deberá presentarse no mesmo expediente que se iniciou para a súa tramitación.

 

Para acceder ao mesmo deberá seguir os seguintes pasos:

 

- Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

- Entrar en "Carpeta ciudadana"

- Os meus expedientes

- Incorporar documentación

 

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do número de telefóno 982 26 00 67 de 09.00 a 14.30 horas.

 

PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA" 2023

XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS

O prazo máximo para realizar as visitas e actividades subvencionadas é o 31 de decembro de 2023.

A presentación da conta xustificativa realizarase, como máximo, o 31 de marzo de 2024, a través da sede electrónica da Deputación (acceder a "Trámites xerais" / "Presentación de escritos", e dirixir a solicitude a "Medio Rural, do Mar e Mocidade").

A documentación a presentar para a xustificación das axudas é a seguinte:

-Anexo V.

-Anexo VI.

-Anexo VII.

-Certificado bancario co número de conta da ANPA, ao obxecto de facer o pagamento da subvención.

-Facturas emitidas pola granxa e pola empresa de transporte.

-Xustificantes de pagamento das facturas.

IMPORTANTE: As facturas deben incluír no seu concepto a data de realización da actividade e o número de alumnos participantes. Asemade, no caso de actividades levadas a cabo por ADEGA no concepto debe indicarse que é un obradoiro, e no resto dos casos debe indicarse que se trata dunha visita.

Os anexos e o resto de docuemtnación deben pasarse a formato PDF antes de subilos á sede electrónica.

 

PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA" 2023

RESOLUCIÓN DEFINITIVA (BOP 26.07.2023) 

 

PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA" 2023

RESOLUCIÓN PROVISIONAL (BOP 19.06.2023) 

 

PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA" 2023

CONVOCATORIA E BASES

OFERTA FORMATIVA

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos seguintes anexos normalizados:

ANEXO I

ANEXO I bis

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

 

 

  • Outra documentación a presentar:

- Copia dos Estatutos da entidade, inscritos no Rexistro de asociación correspondente.

- Copia do NIF da Asociación.

- Copia do DNI do/a representante da ANPA.

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

A continuación, prema:

 

SUBVENCIÓNS > SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA > ALTA DE SOLITUDE

 

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse en formato PDF.

 

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á formulación da solicitude deberá presentarse no mesmo expediente que se iniciou para a súa tramitación.

 

Para acceder ao mesmo deberá seguir os seguintes pasos:

 

- Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

- Entrar en "Carpeta ciudadana"

- Os meus expedientes

- Incorporar documentación

 

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do número de telefóno 982 26 00 67 de 09.00 a 14.30 horas.

 

 

PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA" 2022

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS.

XUSTIFICACIÓN

Para a xustificación das subvencións será necesario presentar a seguinte documentación á través da sede electrónica da Deputación de Lugo, dirixida ao centro xestor “Medio Rural”:
     • ANEXO V

    • ANEXO VI

    • ANEXO VII

    • Xustificantes de gastos (facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa), incorporados na relación á que se fai referencia no parágrafo anterior, afectados á Deputación. 

    • Acreditación do pagamento das facturas ou documentos anteriores: o pago das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, deberá realizarse antes da finalización do prazo de xustificación da presente subvención, tendo en conta que, segundo o establecido no artigo 18 da Lei 11/2021, do 9 de xullo, pola que se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo, non poderán aboarse en efectivo as operacións nas que algunha das partes intervenientes actúe en calidade de empresario ou profesional con importe igual ou superior a 1.000,00 euros ou a seu contravalor en moeda estranxeira. 

A efectos de cálculo da contía sinalada, sumaranse os importes de todas as operacións ou pagos en que se puido fraccionar a entrega de bens ou a prestación de servizos. Entenderase por efectivo os medios de pago definidos no artigo 34.3 da Lei 10/2010, de 28 de abril, de prevención de branqueo de capitais e de financiamento do terrorismo, é dicir, o papel moeda e a moeda metálica, nacional ou estranxeira; os cheques bancarios ao portador denominados en calquera moeda e calquera outro medio físico, incluídos os electrónicos, concibidos para ser utilizados como medios de pago ao portador.

Cando unha factura ou documento de valor probatorio equivalente se pague en efectivo deberá constar na mesma a expresión “Recibín en efectivo en data _________” asinado polo receptor, con identificación do mesmo (NIF,  nome e apelidos).

Respecto ao contido das facturas, estas deberán recoller o establecido nos artigos 6 e 7 do Real Decreto 1619/2012 do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan  as obrigas de facturación. Aplicarase a normativa vixente en cada momento.

    • Documento, emitido pola entidade bancaria, no que conste o número de conta na que se procederá, no seu caso, ao abono da correspondente subvención.
 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS. BOP 10 DE AGOSTO

CONVOCATORIA E BASES

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos seguintes anexos normalizados:

ANEXO I

ANEXO I.bis

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

 

  • Outra documentación a presentar:

- Copia dos Estatutos da entidade, inscritos no Rexistro de asociación correspondente.

- Copia do NIF da Asociación.

- Certificación acreditativa do nomeamento do/a representante da ANPA.

- Copia do DNI do/a representante da ANPA.

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

A continuación, prema:

 

SUBVENCIÓNS > SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA > ALTA DE SOLITUDE

 

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse en formato PDF.

 

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á formulación da solicitude deberá presentarse no mesmo expediente que se iniciou para a súa tramitación.

 

Para acceder ao mesmo deberá seguir os seguintes pasos:

 

- Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

- Entrar en "Carpeta ciudadana"

- Os meus expedientes

- Incorporar documentación

 

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do número de telefóno 982 26 00 67 de 09.00 a 14.30 horas.

 

 

OFERTA FORMATIVA

Nesta ligazón podes acceder ao catálogo coa oferta formativa do Programa