Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

CB Breogán, CD Lugo e CV Emevé con Alcer no Día Mundial do Ril

DÍA MUNDIAL DO RIL
ALCER
CB Breogán
CV Emevé
CD Lugo

Coincidindo co Día Mundial do Ril, xogadores e representantes das directivas de CB Breogán, CD Lugo e CV Emevé achegáronse este mediodía á mesa informativa instalada pola Asociación para a loita contra as enfermidades de ril Alcer Lugo na Praza de San Marcos.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e o concelleiro de Infraesturutras Urbanas de Lugo Álex Penas sumáronse a esta iniciativa de sensibilización arredor do lema “Saúde para Todos. Promovendo a igualdade no acceso á atención sanitaria”, no que as asociacións de pacientes e familiares e colectivos sanitarios están a incidir nesta xornada. Un lema co que reivindican a igualdade e o acceso equitativo aos recursos sociosanitarios e tratamentos renais para as persoas con enfermidade renais crónicas, independentemente do lugar onde residan.