Deputación de Lugo

Arranca en Quiroga o XXII Simposio sobre a Ensinanza da Xeoloxía co que colabora a Deputación

simposio
Quiroga
Inauguración XXII Simposio

Este luns, 8 de xullo, deu comezo no Auditorio Municipal do concello de Quiroga a vixésimo segunda edición do Simposio sobre a Ensinanza da Xeoloxía, organizado pola Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPCT) nas Montañas do Courel. Na programación deste evento, que se realizará ata o 13 de xullo, inclúense conferencias, mesas redondas, obradoiros e actividades culturais e lúdicas. Para a realización desta cita, que reúne a 175 profesores de toda España, a institución provincial colabora co Xeoparque Montañas do Courel realizando unha achega económica de 20.000 euros.