Deputación de Lugo

A Deputación felicita á segunda promoción de graduados en Robótica do Campus Terra

graduación
Pablo Rivera Capón
robótica
Graduación robótica

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra no acto de graduación da segunda promoción de alumnos e alumnas do Grao en Robótica. Rivera Capón felicitou aos graduados e destacou o compromiso que mantén a Deputación co ensino superior público. “Somos a institución provincial de España que máis parte do seu orzamento dedica a convenios e proxectos coa universidade pública”, avanzou. Así mesmo, o Deputado recalcou que nunha sociedade en constante evolución “a robótica xoga un papel fundamental na automatización de procesos industriais ou na creación de solucións para mellorar a calidade de vida das persoas”.