Deputación de Lugo

A Deputación celebra coa veciñanza de Meira a súa tradicional Festa da Malla, declarada de Interese Turístico Galego

Festa da Malla de Meira

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, asistiron este domingo xunto ao Alcalde de Meira, Antonio de Dios, á tradicional Festa da Malla de Meira, declarada de Interese Turístico Galego. Os responsables provinciais desfruta-ron cos milleiros de veciños e visitantes desta xornada festiva, na que o seu gran atrac-tivo son as demostracións que rememoran o ancestral proceso dos traballos agrícolas cos que se batía o cereal para separar o grao da palla. Á cita tamén asistiu a Subdele-gada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o senador pola provincia de Lugo, César Mogo, a Deputada do Parlamento de Galicia, Lara Méndez, ademais de alcaldes e alcal-desas doutras autoridades.