As obras da Deputación na estrada que conecta Lugo e Guntín por Coeses avanzan co estendido do aglomerado

REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS
GUNTÍN
A actuación, na que a institución provincial inviste máis de 192.000€, forma parte do´proxecto de acondicionamento dun treito de preto de catro quilómetros da LU-P- 2913 e que consiste na limpeza dos laterais, obras de drenaxe, mellora do firme e sinalización

As obras que está a acometer a Deputación na estrada LU-P-2913 que conecta Lugo, desde a parroquia de Coeses, con Terlama, en Guntín, avanza estes días co estendido do aglomerado. Durante toda a semana foi necesario desviar o tráfico a través de Piñeiro, Birbigueira e Silva entre os puntos quilométricos 4,3 e 8,2 onde se desenvolven os traballos.

As actuacións para acondicionar esta vía contaron cun investimento da institución provincial de 192.632€ e consistiron na limpeza dos laterais, obras de drenaxe, mellora do firme e a sinalización. A empresa encargada das actuacións é OVISA Pavimentos e Obras SLU e o prazo de execución é de dúas semanas.

Trátase dunha actuación importante porque esta estrada dá servizo a varios núcleos de poboación e diferentes parroquias situadas entre os concellos de Lugo e Guntín, así como a diferentes empresas asentadas no territorio. E tamén porque estas obras se enmarcan no compromiso da institución provincial coa mellora das conexións entre ambos municipios como as que xa se acometeron na LU-P-2901 e que contaron cun investimento doutros 350.000€ da Deputación.