Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación colabora con case 39.000€ co Concello de Quiroga para renovar o camiño do Teo en Parteme

infraestruturas públicas
Quiroga
Cooperación cos Concellos
O Presidente da Deputación e o Alcalde de Quiroga veñen de asinar un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial financia integramente esta actuación, que permitirá acondicionar por completo este camiño e recuperar o seu uso

As obras, cun prazo de execución dun mes,incluirán a limpeza de maleza, movementos de terra e pavimentacióncon triplo rego asfáltico

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Quiroga, JoséLuisRivera,veñen de asinar un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial aporta ao Concello 39.000€ para renovar o camiño de Teo situado na localidade de Parteme, na parroquia de Noceda. Coa sinaturadesteacordo, que ambos dirixentes materializaron no Pazo de San Marcos, a institución provincial financia integramente esta actuación que permitirá á entidade local acondicionar por completo este camiño, mellorando o seu estado e recuperando o seu uso. 

O proxecto de renovación inclúea limpeza de maleza, movementos de terra e a pavimentación mediante triplo rego asfáltico. As obras, que terán un prazo de execución dun mes desde o seu inicio, permitiránfacilitar o acceso aos veciños e veciñas que residen na parte baixa da vila, concretamente no Campo e o barrio do Val. 

Mediante este convenio, subliñou José Tomé, “damos resposta a un problema de comunicación que existe en Noceda. Actualmente, os veciños e veciñas teñen dificultades para acceder á parte baixa desta parroquia, ao lugar do Teo-O Val.O que representa un grande risco en caso de emerxencia, incendios ou derrubamentos no camiño do Porteleiro, porque poidan deixar incomunicada unha parte da localidade”. 

Ademais, a recuperación do camiño facilitará o acceso dos veciños aos seus fogares para realizar obras de mantemento, reformas ou novas construcións. “Tamén permitirá un acceso máis cómodo para camións de subministración de gasóleo ou outros combustibles, facendo que o transporte de materiais sexa moito máis eficiente”, indicou. 

As obras terán un prazo de execución dun mes desde a sinatura da acta de comprobación de replanteo, e o prazo de garantía será dun ano a partir da recepción da obra, conforme ao establecido pola Lei de Contratación do Sector Público.