Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Unha vintena de apicultores participan no curso de preparación de colmeas para o inverno da área de Rural en Barreiros

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
apicultura
DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
Barreiros

Barreiros acolleu esta fin de semana as dúas primeiras sesións do curso de iniciación á apicultura e preparación das colmeas para o inverno, promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Barreiros.

Unha vintena de persoas -todas as prazas dispoñibles - están participando nesta formación impartida pola Casa do Mel de Goente na que se abordan cuestións como a retirada do mel excedente, o control do alimento para a supervivencia das colmeas ou a colocación de tratamentos, cunha parte teórica, na escola de Celeiro de Mariñaos, e outra práctica, nunha produción de mel na Rexa.

O curso, que se completará con duas xornadas máis os días 19 e 20 de outubro, inclúese nun programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área de Rural, dirixida por Daniel García, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

Desde o pasado mes de xuño, desenvolverónse actividades formativas tamén no Valadouro, Vilalba, Xove, Pantón, Muras, Cervo e Mondoñedo.