Deputación de Lugo

A Deputación completa a renovación integral da vía que vai de Monforte a Currelos co inicio das obras do último tramo

obras
estradas provinciais
Monforte de Lemos
Currelos
Os traballos comezaron esta semana entre o punto quilométrico 11,067 e o 24,436 teñen un investimento da institución provincial de preto de 230.000€. Esta cantidade súmase ao máis de medio millón de euros destinados nos últimos anos pola Deputación á LU-P-3202

A Deputación de Lugo deu comezo esta mesma semana as obras de mellorado firme na estrada provincial LU-P-3202, a vía que conecta Monforte de Lemos e Currelos, no concello do Saviñao. Unhas actuacións nas que a institución provincial inviste preto de 230.000€ e que afectan a un tramo de case 14 quilómetros, concretamente no treito que vai do punto quilométrico 11,067 ao 24,436. Este é o cuarto proxecto que acomete a Deputación nesta vía, na que leva destinados un total de case 732.000€. 

Os traballos que se están a realizar neste treitoconsisten na apertura das cunetas, a reparación do firme e a repavimentación e rematarán previsiblemente a finais de ano.Estas obras, adxudicadas á empresa Ecoasfalt, S.A, beneficiarán de xeito directo á veciñanza dos municipios do Saviñao e Monforte de Lemos, así como dos restantes concellos da comarca da Ribeira Sacra. Ademais, tamén garantirán a circulación en condicións de seguridade e comodidade para os usuarios que a empreguen. 

Investimento de máis de 730.000€ nesta vía

A institución provincial leva investidos preto de 732.000€ para a renovación total desta estrada imprescindible para as comunicacións da zona sur da provincia. Por unha banda, dedicou 133.100€ para mellorar o tramo que vai do punto quilométrico 4 ao 6,8 e outros 133.100€ para acondicionar o treito dos puntos 6,9 ao 10,4. 

Ademais, a Deputación tamén dedicou preto de 235.000€ para executar as obras de mellora dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 24,4 ás que se suman os traballos que se se están a desenvolver esta mesma semana por un importe de case 230.000€.