Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación participa nos actos de celebración na honra á patroa da Garda Civil

Garda Civil

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este sábado nos actos celebrados na capital lucensecon motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil. A xornada comezou, como é tradición, cunha misa na Igrexa de San Francisco Javier, e acto seguido, tivo lugar o acto castrense no Patio de Armas da Comandancia da Garda Civil. Durante o transcurso do acto, unha representación de axentes de varios corpos foi condecorada coa Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo branco.