Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación asiste en Lugo á gala benéfica da Asociación Española Contra o Cancro

Asociación Española Contra o Cancro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, asistiu este sábado no Eurostars Gran Hotel Lugo á gala benéfica da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), organizada pola entidade lucense. Nesta xornada, na que se celebrou unha cea e unha entrega de agasallos, tamén se realizou unha sentida homenaxe á actual presidenta da AECC, Mª Luz Abella, polos seus nove anos de traballo á cargo da entidade lucense. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, sumouse ao vídeo conmemorativo que se proxectou nesta gala e agradeceu en nome da Deputación de Lugo “o seu extraordinario labor” neste eido.