Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación condena na Praza de San Marcos a violencia machista nun 25N negro

MANIFESTO 25N
O Pazo de San Marcos
Membros da Corporación provincialgardaron un minuto de silencio en repulsa polas últimas agresións contra as mulleres, dúas acontecidas na provincia de Lugo esta fin de semana e o asasinato que se investiga en Orihuela como posible crime machista

A Deputada de Muller e Igualdade leu o manifesto acordadopolos tres grupos políticos do organismo provincial, destacando que neste 25N de loito “reafirmamos o noso compromiso coa loita pola igualdade e coa erradicación da violencia contra as mulleres, unha tarefa que corresponde a toda a sociedade como parte dun esforzo colectivo para transformar as estruturas que perpetúan o machismo e a desigualdade”

A Escape RoomAxúdame, por favor, organizada polo alumnado do Centro de Audiovisuais da Deputación, xunto a unha actividade interxeracional e unha performance realizadas nos Centros de Maiores de Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada, pechan a programación de actos da institución provincial nesta xornada

A Deputación de Lugo conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun acto na Praza de San Marcos, onde membros da Corporación provincial gardaron un minuto de silencio en repulsa polas dúas agresións contra as mulleres acontecidas esta fin de semana en Lugo e Vilalba; e o caso que se investiga en Orihuela como un posible crime machista. 


Tras o minuto de silencio, a Deputada de Muller e Igualdade, MarisolMorandeira, leu a Declaración Institucional acordada polos tres grupos políticos da Corporación provincial polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que defende a unión na loita contra os feminicidios e os ataques ás mulleres. Subliñou que neste 25N de loito, con maior intensidade, se reafirma o compromiso da Deputación coa loita polaigualdadee coaerradicación da violencia contra as mulleres. "Esta é unha tarefa que corresponde a toda a sociedade, un esforzo colectivo para transformar asestruturas que perpetúan o machismo e a desigualdade", recolle o documento. 


A declaración tamén fai especial mención á situación dos concellos pequenos, especialmente no ámbito rural, que precisan unha maior cooperación das administracións do Estado. Aínda que a violencia contra as mulleres é un problema transversal, a resposta debe ser adaptada ás especificidades do medio rural. Neste sentido, a Deputada destacou que “a situación das mulleres no rural, con menos acceso a servizos públicos, con maior peso das estruturas tradicionais, con menos centros de información ou postos das forzas e corpos de seguridade, incrementa os factores de risco”.

Escape room e actividades nos CAMs

O programa de actos en conmemoración do 25 de novembrocompletouse hoxe coa primeira Escape Room titulada Axúdame, por favor, organizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo.O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou na actividade, que se levou a cabo durante a mañá no propio centro, e que se centrou na historia de Clara, unha muller atrapada nunha relación abusiva, tanto emocional como física.

Ademais, a programación deste 25N tamén incluiu actividades nos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo. No CAM de Pedrafita de Cebreiro, desenvolveuse unha actividade interxeracional coa participación do alumnado de secundaria do CPI Uxío Novoneira. A actividade consistiu en analizar os estereotipos de xénero presentes no conto clásico de Brancaneves e reverter a súa historia, creando unha nova versión do conto nunha mesa redonda cos estudantes. Xunto co alumnado, tamén tivo lugar o acto de lectura do conto modificado, que abordou a igualdade e os roles de xénero desde unha perspectiva de xénero no CAM de Pedrafita.

No CAM de Fonsagrada, realizouse a performance Trapos sucios fóra, na que as mulleres do centro presentaron mensaxes de liberación e empoderamento feminino. Nesta performance, as participantes expuxeron os “trapos sucios” como símbolo das dificultades e opresións, para logo mostrar os “trapos limpos”, representando a súa renovación, forza e a súa vitoria contra a violencia machista.