O Presidente recibe no Pazo de San Marcos á Asociación de Executivas de Galicia
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos á Presidenta da Asociación de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e á Tesoureira desta entidade, Mónica Álvarez Flores. No encontro, Tomé Roca puxo en valor o compromiso que manteñen desde a asociación na defensa dos dereitos e dos intereses da muller profesional galega e que se reflexa nas diferentes iniciativas e accións que organizan ao longo de todo o ano. Ademais, o mandatario provincial fíxolles entrega como agasallo institucional dun libro que recolle a historia do Pazo provincial e unha réplica da fachada do edificio de San Marcos.