Deputación de Lugo

A Deputación asiste á entrega do XII Premio APECSA outorgado nesta edición á revista de investigación AD Limina

Pablo Rivera Capón
premio APECSA

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, asistiu este xoves no Salón de Actos da Casa do Saber de Lugo ao acto de entrega do XII Premio APEXCSA 2024. Este galardón, que outorga a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), dedícase este ano á hospitalidade e concedéuselle á revista de investigación do Camiño de Santiago e as peregrinacións, AdLimina,publicación que dirixeo Presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Manuel Antonio Castiñeiras González. 

Ao acto de entrega tamén asistiu, entre outras autoridades, o Presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro, e o xerente da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Ferreira Fernández.