Iria Castro e Aurelia Balseiro participaron no acto cívico polo cabodano de Castelao en Bonaval, en Compostela

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
75 CABODANO CASTELAO
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
IRIA CASTRO
AURELIA BALSEIRO

A deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro asistiron este martes ao acto polo 75 cabodano de Castelao que organizan a Fundación Castelao, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego no Panteón de Galegos e Galegas Ilustres de Bonaval, en Compostela.

O acto cívico en Bonaval é parte dunha programación polo 75 cabodano do artista e político que se extenderá ao longo do ano da man de entidades culturais e institucións de toda Galiza integradas na comisión constituída para este fin o pasado 7 de novembro no Consello da Cultura Galega, entre elas o Museo Provincial de Lugo.

Nese marco, o Museo lucense acolle no primeiro trimestre do ano unha programación conmemorativa, que arrancou o pasado venres coa inauguración da exposición bibliográfica "75 anos da sinatura de As cruces de pedra na Galiza", derradeira obra publicada por Castelao, que destaca o valor artístico e patrimonial desta manifestación da arte popular.