Deputación de Lugo

28 alumnos e alumnas do IES Pedregal de Irimia de Meira visitan a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación

Servizo de Audiovisuais
Visita á produtora

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu a benvida este xoves a un grupo de 28 alumnos e alumnas do IES Pedregal de Irimia, de Meira, que coñeceu a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. Nesta saída didáctica os estudantes descubriron, da man do persoal técnico da produtora e de forma lúdica e divertida, departamentos como o arquivo, a redacción, a sala de cámaras, as mesas de realización ou os platós.