Deputación de Lugo

A Deputación inicia as obras de mellora na estrada LU-P-2408 en Guntín coa reconstrución dun muro de contención

Obras LU-P-2408
- A institución provincial inviste preto de 34.000€ na rehabilitación do tramo afectado polo afundimento do leito do río á altura da ponte, nesta vía que conecta Costañeira con Montecelo pasando por Vilarcabreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de reconstrución dun muro de contención na estrada provincial LU-P-2408, no concello de Guntín, á altura da ponte no punto quilométrico 0,690. Este punto da vía, que conecta Costañeira con Montecelo pasando por Vilarcabreiro, resultou afectado polo afundimento no marxe dereita da calzada, a consecuencia do colapso de parte do muro de acompañamento da obra de paso que atravesa o leito do río de Perros. 

A institución destina a estes traballos un investimento de preto de 34.000€, que consisten na construción dun muro de escollera para reforzar a plataforma da estrada e evitar novos desprendementos. Durante a execución das obras non será necesario cortar o tráfico e prevese que os traballos estean rematados nun prazo de dous meses, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan. 


Os traballos comezaron coa demolición e desmontaxe da barrera de seguridade, así como o corte do firme, para despois proceder a súa reconstrucción e regulación, garantindo así unha base sólida para a construcción do novo muro. A cimentación realizarase con formigón ciclópeo, un material de alta resistencia que proporcionará unha base sólida para o muro. Posteriormente, executarase o muro de escollera que ofrecerá mellores garantías de seguridade e estabilidade a longo prazo, ademais de integrarse de maneira máis respectuosa co entorno natural. Unha vez rematado o muro, realizarase a reconstrución do firme.


Con estas obras, ademais de restaurar a funcionalidade e seguridade da estrada, tamén garantirán que o traballo se realice sen afectar ao leito do río, preservando o medio ambiente e cumprindo as normativas vixentes.