Deputación de Lugo

A Deputación participa na apertura do Salón do Automóbil que acolle o Pazo de Feiras de Lugo

pazo de feiras
salon
automobil

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este venres no acto de inauguración dunha nova edición do Salón do Automóbil que acolle o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. “A automoción é un sector clave para a economía lucense e eventos como este demostran o seu impacto real: activan o comercio, atraen visitantes e incentivan as vendas nun momento de transformación para o mercado do automóbil”, asegurou. 

“Aquí non só se expoñen coches, véndense oportunidades. Oportunidades para os concesionarios, que atopan un espazo único para achegar os seus modelos ao público, e oportunidades para os compradores, que teñen acceso a unha ampla oferta, con novidades, asesoramento profesional e prezos especiais”, afirmou o Deputado. 

Nesta edición participan catorce grupos empresariais con preto de 40 marcas, que exporán máis de 1.000 vehículos. Entre os días 7 e 9 dedícase ao vehículo novoe, e do 14 ao 16 ao vehículo de ocasión. O salón abrirá os venres e os sábados de 11.00 a 21.00 horas, ininterrompidamente, e os domingos cerrará unha hora antes, ás 20.00 horas.