O Presidente recibe aos organizadores do torneo +Lugo Debate que se celebrará do 3 ao 5 de abril co apoio da Deputación
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao Vicepresidente da Asociación Organizadora do Torneo +Lugo Debate, Manuel Maseda Varela, e ao Director de Relacións Institucionais desta entidade, Antonio Platero Comesaña. A institución provincial colabora con este evento, que se celebrará esta semana en Lugo, do 3 ao 5 de abril, cunha achega económica de 10.000€. Ademais, este venres na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos terá lugar o concerto do artista Luis Fercán, no marco da programación desta competición.
No encontro, José Tomé puxo en valor o esforzo dos organizadores desta cita na que competirán 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e universitarios da provincia e de toda Galicia. O mandatario provincial tamén lles entregou como agasallo institucional dous exemplares do libro Proxectos para o Hospital Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo.