Deputación de Lugo
Emprego
Formación

A Deputación presenta oportunidades de formación audiovisualna II Feira de Educación, Formación e Emprego

Pablo Rivera Capón
FORMACION
Emprego
O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, asistiu este mércores á inauguración desta cita que se celebra hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Congresos

A institución provincial participacun standcon información e asesoramento sobre os estudios que ofrece a través do seu Centro de Formación Audiovisual. O alumnado que se achegueaprenderá cuestións relacionadas coa edición ou a realización de vídeo

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, asistiu este mércores á inauguración da II Feira de Educación, Formación e Emprego que se celebra do 9 ao 10 de abril no Pazo de Feiras e Congreso de Lugo. Ao acto de presentación desta cita, na que se esperan máis de 6.000 visitantes, tamén participaron oAlcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, e o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López Fernández, entre outras autoridades.


Nesta segunda edición están presentes un total de 23 centros de educación galegos, como a Universidade de Santiago de Compostela ou a Universidade da Coruña, xunto a outras entidades educativas. Ademais, tamén haistands con información sobre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e espazos para a Formación Profesional. Neste sentido, Rivera Capón explicou que a Deputación tamén está presente na feira cun espazo sobre a formación audiovisual que se desenvolve desde o Centro de Formación Audiovisual da institución provincial. Neste expositor os estudantes poden coñecer, da man de técnicos e profesores, conceptos relacionados coa gravación, a edición ou a realización de vídeo. 


O obxectivo deste encontro é ofrecer a aqueles alumnos e alumnas de Lugo que estean a piques de decidir sobre os seus estudos superiores información, asesoramento e recursos sobre oportunidades laborais e as diferentes opcións ás que poden acceder no ámbito educativo. A Feira celebrarase este mércores e xoves en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16.00 horas a 19:00 horas.