Deputación de Lugo

A Deputación asiste en Lugo ao pregón da Semana Santa que ofreceu a escritora Marica Campo

Semana Santa

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este mércores ao pregón que ofreceu a escritora lucense Marica Campo, con motivo da Semana Santa de Lugo 2025. En este acto, que se celebrou na Igrexa Parroquial Santiago da Nova do municipio, tamén participou o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez e o Bispo da Diócese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, entre outras autoridades. Este evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego, celébrase ata o 20 de abril e conta cunha achega económica da institución provincial de 12.000€.