Deputación de Lugo
Economía
Turismo

Vilalba abre mañá as portas do FIV 2025 con dous días de música indie e o apoio de 50.000€ da Deputación

FIV
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto á Alcaldesa Marta Rouco, visitou o recinto do festival polo que pasarán o venres e o sábado artistas de renome como Shinova, Varry Brava ou Joe Crepúsculo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, realizaron este xoves unha visitaao recintodo Festival Independente de Vilalba (FIV), que dará comezo mañá coa súa 19ª edición, que se celebrará o 25 e 26 de abril e traerá dous días de música indie con artistas de renome.A Deputación de Lugo achega 50.000€ ao Concello de Vilalba para a organización deste evento referente cultural e musical da Terra Chá.

O festival, que agarda recibir este dous días a milleiros de persoas, contará con artistas de renome como Varry Brava, Joe Crepúsculo, Shinova, León Benavente e TheRapants, entre outros. Pablo Rivera destacou a importancia do evento, que se celebra desde 2008, e subliñou que “o FIV é unha cita consolidada no panorama musical da comarca e da provincia, e desde a Deputación queremos continuar a apoiar este evento cultural, que tamén repercute positivamente na economía local”. 

“Durante toda a fin de semana, o número de habitantes de Vilalba chega case a duplicarse, estimando un retorno económico de case 1 millón de euros”, sinalou o Deputado, quen engadiu que este evento supón “un impacto directo no tecido económico do municipio”. 
Programa FIV 2025
O FIV 2025 será unha oportunidade única para desfrutar de dous días cheos de música indie, actividades culturais e unha destacada oferta de artistas nacionais. Con este evento, Vilalba segue consolidándose como un dos destinos máis importantes de Galicia para a música e a cultura.

O venres, 25 de abril actuarán no escenario Vibra Mahou situado no Campo da Feira:  Varry Brava, TheRapants, Joe Crepúsculo, AdrianTimms, Galician Army, Rapariga DJ. Osábado, 26 de abril tocarán no escenario Vibra MahouShinova, León Benavente, Cycle,  Leria, Juancasupersub DJ Set e Rapariga DJ. Por outra banda, no escenario #Fiver, que estará colocado na Praza do Concello, actuarán: Hydn, a banda de música de Vilalba, Grande Osso e o Karaoke FIV Stars.