A Deputación dá a benvida ao Arde Lucus na recreación da entrada das lexións romanas en Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na recreación histórica da entrada das lexións romanas en Lugo pola Ponte Romana, unha cita que marca o inicio do Arde Lucus. Na representación, as tropas dirixidas polo xeral Caio Antistio O Vello toman a cidade tras atopar a resistencia no grupo de castrexos que entón habitaban Lugo. Rivera Capón acudiu a este acto xunto ao Alcalde de Lugo, Miguel Férnandez Méndez, e toda a corporación municipal.