Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Presidente e o Alcalde de Palas de Rei asinan a cesión do tramo urbano davía provincial LU-P-2901 ao seu paso polo municipio ullán

JOSE TOMÉ
estradas provinciais
Palas de Rei
José Tomé Roca explicou na súa visita ao municipio palense que o acordo inclúe, cun orzamento da Deputación depreto de 100.000€, o arranxo deste treito, que vai desde o cruce coa N-547 ata o final da rúa Agro do Rolo

“Hoxe damos resposta a unha demanda concreta deste Concello, que permitirá mellorar a mobilidade, a seguridade e a calidade de vida dos veciños e veciñas deste municipio”, valorou o mandatario provincial

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves co Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, un convenio de colaboración para a cesión do tramo urbano da estrada provincial LU-P-2901 ao seu paso polo municipio ullán. Na súa visita ao concello palense, o mandatario provincial explicou que o acordo inclúe, ademais do cambio de titularidade, o arranxo deste treito -de 816 metros- que vai desde o cruce coa N-547 ata o final da rúa Agro do Rolo. A institución provincial destinará preto de 100.000€ a estas melloras. 

“Hoxe damos resposta a unha demanda concreta do Concello de Palas de Rei, que permitirá mellorar a mobilidade, a seguridade e a calidade de vida dos veciños e veciñas deste municipio”, valorou Tomé Roca. Subliñou ademais o Presidente que a institución provincial cede a titularidade deste tramo en favor do Concello atendendo a súa necesidade porque “entendemos que é así como se constrúe un territorio máis vertebrado, máis igualitario e con máis oportunidades para todos e todas”.

Xunto á escultura de San Tirso, na Praza do Concello, José Tomé enmarcou a firma no compromiso da Deputación coa Mobilidade, “na que investimos este ano o 21% do noso orzamento, 27M€” e na Cooperación cos Concellos, “que vertebran toda a nosa acción de Goberno”.

Explicou que a LU-P-2901, que é a que conecta Lugo e Palas é,ao seu paso polo concello ullán “unha das vías principais no día a día de moitas persoas, vertebra diferentes negocios e servizos como comercios, locais de hostalaría e unha funeraria; polo que podemos dicir que esta vía é moi importante para a dinamización económica e social da vila”. As obras de arranxo, “que se licitarán de xeito inmediato tras a firma deste convenio” afectarán ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 5,180 e o 35,996 e consistirán na mellora da drenaxe, afirmado e sinalización.
Ao acto asistiron tamén a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o xefe do servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo; e concelleiros e concelleiras de Palas de Rei.