Deputación de Lugo

A Deputación asiste en Meira á celebración da XXXIII Festa da Malla que volve render homenaxe ás tradicións agrícolas

Meira

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, asistiu este domingo á XXXIII Festa da Malla de Meira, unha cita que, como novidade, se está a celebrar durante dous días e que reuniu a milleiros de veciños e visitantes. Este evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego desde hai case dúas décadas, incluíu unha completa programación de actividades como: demostracións deste traballo agrícola que servía para separar o grao da palla, actuacións musicais, xogos infantís, unha exposición de maquinaria antiga e outra de artesanía, entre outras iniciativas.