Deputación de Lugo

A Deputación participa na Festa do Emigrante de Pol que rendeu homenaxe ao autor das placas conmemorativas

Pol

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este domingo xunto ao Alcalde da localidade, Lino Rodríguez Ónega, á tradicional Festa do Emigrante de Pol, unha cita moi arraigada na comarca que este ano estivo marcada pola emotiva homenaxe a Alejo Expósito, veciño do municipio e figura esencial desta celebración por ser o autor das históricas placas conmemorativas que cada ano se descobren durante o evento. Nesta edición, que chega o seu 40 aniversario, oConcello descubriu dúas placas especiais: a tradicional, que honra á emigración, e unha segunda dedicada ao recentemente falecido Alejo Expósito, en recoñecemento ao seu legado artístico e á súa entrega desinteresada, que converteron as súas creacións nun símbolo emblemático da festa e da identidade local.