Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo asiste á toma de posesión da nova Subdelegada do Goberno, Olimpia López

subdelegada do goberno

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este mércores no acto de toma de posesión da nova Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez, celebrado na Subdelegación do Goberno en Lugo, na rúa Armanyá.

José Tomé Roca felicitou á nova representante do Goberno e desexoulle unha etapa chea de acertos, subliñando que “os seus éxitos serán tamén os éxitos da provincia, pois redundarán no benestar e progreso de todos os veciños e veciñas”. Ademais, o mandatario provincial expresou a súa vontade de seguir colaborando dun xeito leal e estreito coa Subdelegación para traballar conxuntamente en proxectos de interese para a provincia. Xunto ao Presidente provincialasistiu o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. 

O acto contou tamén coa presenza do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, do Alcalde da cidade de Lugo, Miguel Fernández Méndez, da Subdelegada cesante, Isabel Rodríguez López, e de numerosas autoridades civís e institucionais de Galicia.

Toma posesión