Deputación de Lugo

A Deputación súmase en Lugo aos actos conmemorativos polo Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido

Dano cerebral

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, e Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou este domingo, 26 de outubro, nos actos celebrados con motivo do Día Mundial desta doenza organizada pola Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo (ADACE) na Praza Maior da capital lucense. A Deputación de Lugo colabora con este colectivo cunha achega anual de 12.000€para a contratación dun neuropsicólogo que desenvolve terapias no centro de día e favorece a vida dos doentes e as súas familias.