A campaña Volta ao Cole pecha cunha xornada de compras do gañador dos 2.500€ polos comercios de Rábade
O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este xoves en Rábade na última xornada de compras da campaña Volta ao Cole, unha iniciativa posta en marcha pola Deputación e a Federación Galega de Comercio para apoiar a economía familiar e fortalecer o comercio de proximidade.
PabloRivera acompañado polo Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, deu a saída ao gañador do sorteo dos 2.500€ celebrado o pasado 16 de outubrona Praza de San Marcos. O premiado, José Ramón Vázquez Río, veciño do concello de Rábade, tivo que gastar o bono nunha única xornada de compras, realizando compras nun mínimo de 10 negocios distintos, cun gasto mínimo de 100€ en cada un.
Esta campaña, financiada coa participación de 50.000€ da Deputación, distribuíu ademais dos 2.500 € do gran premio outros 22.500€ en 90 bonos de 250€, entre os participantes durante o mes de setembro.
O Deputado destacou que a campaña buscaba canalizar este consumo cara ao comercio local, promovendo riqueza e vida económica na provincia,“especialmente nun mes como setembro, un dos máis gravosos para as economías familiares”, explicou,Rivera Capón, quen engadiu que a participación, cun preto de 25.000 tíckets rexistrados, “demostra que o obxectivo principal da iniciativa foi acadado, xunto coa repercusión económica positiva, que mobilizou arredor de 800.000 € en vendas”. O importe total da campaña ascendeu a preto de 53.000€.