Deputación de Lugo

A Deputación ofrece máis de 100 prazas para participar en obradoiros gratuítos de Nadal, cerámica ou poda

Terras do Miño
Son un total de 5 propostas que corresponden ao cuarto trimestre da programación medio ambiental que a institución provincial pon en marcha na Reserva da Biosfera Terras do Miño. As persoas interesadas poderán inscribirse desde este luns.

A Deputación de Lugo abrirá o luns, 28 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas actividades do cuarto trimestre da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Trátase dun total de 5 propostas de lecer saudable e educación ambiental nas que se inclúen 90 prazas para adultos e 15 para nenos. As persoas interesadas en inscribirse poden apuntarse a través do teléfono 982.305.930, o correo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org  e en http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais.

Formación e lecer en Terras do Miño


Todas as propostas terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño e o calendario será o seguinte: 

Os días 11, 12 e 13 de novembro, así como o 10 e 11 de decembro, celebrarase o primeiro obradoiro de cerámica de Nadal, en horario de 10:00 a 14:00 horas, con 15 prazas para adultos.

A programación continuará os días 26 e 27 de novembro coa actividade Primeiros auxilios na natureza, que se desenvolverá de 09:00 a 14:00 horas e contará tamén con 15 prazas para adultos.

Posteriormente, do 30 de novembro ao 4 de decembro terá lugar un obradoiro de poda de froiteiros e viñas, con 30 prazas para adultos e en horario de 16:00 a 20:00 horas. Nesta mesma liña, do 14 ao 18 de decembro celebrarase outra actividade de poda, tamén de 16:00 a 20:00 horas e con capacidade para 30 adultos.

Por último, os días 28, 29 e 30 de decembro haberá un último obradoiro de Nadal, neste caso dirixido aos nenos e nenas, con 15 prazas dispoñibles.