Cultura
Deputación de Lugo

fotógrafa Laura Alonso mostra a súa visión persoal do oficio de ferreiro nunha exposición na Capela de Santa María

fotografía
ferreiros
cartel da Exposición
“O Ferreiro de Riotorto. Unha Sinfonía en Catro Tempos” inaugúrase este venres 6 de novembro ás 18 horas e permanecerá aberta ata o 20 de decembro

Lugo, 4 de novembro de 2026.- A Capela de Santa María acollerá o este venres 6 de novembro, ás 18 horas, a inauguración da exposición fotográfica “O Ferreiro de Riotorto. Unha Sinfonía en Catro Tempos”, da artista e deseñadora Laura Alonso.

 

Trátase dun proxecto fotográfico que busca documentar a esencia do oficio tradicional de ferreiro, cunha mirada íntima e artística sobre o espazo de traballo, as ferramentas e o día a día dun artesán, uníndolle, ademais, un punto de vista persoal, pois o retratado é o pai da artista.

 

As fotografías combínanse con textos extraídos das conversacións entre pai e filla, estruturando a exposición en catro tempos, relacionados con catro elementos naturais de vinculados ao oficio que funcionan tamén como os catro movementos dunha sinfonía.

 

A exposición permanecerá aberta na Capela de Santa María ata o 20 de decembro.