OBXETO:
- Consiste no asesoramento en Dereito e a representación e defensa en xuízo en todo tipo de procesos xudiciais, así como ante órganos administrativos e en procedementos arbitrais.
CONTIDOS:
- Defensa en xuízo e, se é o caso, representación das entidades destinatarias da asistencia en todo tipo de procesos xudiciais, así como ante órganos administrativos e en procedementos arbitrais.
- Defensa e, se é o caso, representación dos membros electos, autoridades e persoal ao servizo das entidades destinatarias diante de calquera orde xurisdicional, nos asuntos derivados directamente do exercicio das súas funcións ou cargos.
- Emisión de informes e ditames fundados en dereito.
- Bastanteo de documentos.
- Remisión de información sobre novidades lexislativas relevantes para as entidades destinatarias da asistencia.
- Elaboración de estudios e circulares informativas sobre temas que se consideren de interese para os concellos.
- Atención permanente ás consultas que se planteen por membros electos das corporacións locais e polos empregados. Estas consultas poderán efectuarse verbalmente nas dependencias da Deputación, por teléfono, por escrito e/ou en liña.
Anualmente, redactarase unha memoria que recollerá de forma sistemática a xurisprudencia máis relevante ditada polos órganos xurisdicionais nos litixios en que actúen os letrados da Deputación.