Menu toggle
Cooperación cos Concellos
 
OBXECTO:

A asistencia económica ten como obxecto o asesoramento e consultoría nas áreas de intervención, contabilidade e tesourería, e configúrase como un apoio e complemento das tarefas e funcións que a lexislación reserva a tales unidades para conseguir o cumprimento dos principios de legalidade, eficacia, eficiencia e economía na xestión dos recursos públicos que se xestionan.

En ningún momento a prestación de servizos de asistencia económica suporá a substitución das funcións que a lei encomenda aos titulares de tales responsabilidades.

CONTIDO:

A asistencia en materia económica ten como contido esencial asesorar, estudar, analizar e informar as peticións formuladas nos ámbitos económico, financeiro e contable, así como en calquera outro que poida xurdir como consecuencia do desenvolvemento das actividades administrativas e técnicas que, en relación a dita disciplina, realicen e soliciten as entidades peticionarias.

  1. Asistencia no desenvolvemento do ciclo orzamentario e na contabilidade.
  2. Asistencia na elaboración da conta xeral.
  3. Asesoramento en procesos contables, de formulación de contas anuais, análise e consolidación de estados financeiros de entidades públicas empresariais e sociedades de capital integramente das entidades locais.
  4. Plans económico-financeiros.
  5. Plans de saneamento. Informes de situación.
  6. Asesoramento na confección de ordenanzas fiscais.
  7. Realización de estudos de custos dos servizos.
  8. Redacción de estudos e circulares informativas sobre novidades normativas e asuntos de interese xeral en materias económico-financieiras, tributarias, contables, etc.
  9. Emisión de informes e ditames.
  10. Resposta a consultas verbais, telefónicas e/ou en liña.

ARQUIVOS:

Guía de control interno, en réxime de requisitos básicos

Adaptación para as entidades do sector público local dos requisitos adicionais previstos nos Acordos do Consello de Ministros de 30 de maio de 2008, modificado o 7 de xullo de 2011, e de 20 de xullo de 2018.

EXPEDIENTE MODELO PARA A APROBACIÓN DA FISCALIZACIÓN EN RÉXIME SIMPLIFICADO

Modelo para a aprobación do réxime de fiscalización simplificado aplicable opcionalmente a aquelas entidades incluídas no ámbito de aplicación do réxime simplificado de contabilidade local, nos termos regulados nos artigos 39 e 40 do Real decreto 424/2017, de 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do sector público local.

01. Providencia de alcaldía

02. Informe Secretaría-Intervención

Axenda Cooperación cos Concellos

May 2025

Sun
27
Mon
28
Tue
29
Wed
30
Thu
01
Fri
02
Sat
03
Sun
04
Mon
05
Tue
06
Wed
07
Thu
08
Fri
09
Sat
10
Sun
11
Mon
12
Tue
13
Wed
14
Thu
15
Fri
16
Sat
17
Sun
18
Mon
19
Tue
20
Wed
21
Thu
22
Fri
23
Sat
24
Sun
25
Mon
26
Tue
27
Wed
28
Thu
29
Fri
30
Sat
31