Menu toggle
Emprego

O Programa de Fomento do Emprego 2022 xa está en marcha. Integrado dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos é o plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia. Esta última edición conta con máis de 3,6 millóns de euros cos que o Executivo da Deputación decidiu asumir todos os custos derivados da contratación de desempregados lucenses nos municipios da provincia.

Para dar cumprimento ao Programa Fomento do Emprego, lembráselles aos Concellos que estes deberán:

  1. Sempre que así o esixa o posto, deberán facilitar as persoas contratadas roupa de traballo, e nela deberá figurar que o gasto de contratación do traballador é financiado pola Deputación mediante a impresión na mesma dos logos. DESCARGA AQUÍ OS LOGOS (exemplo do uniforme).
  2. Deberán dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto “ Financiado pola Deputación Provincial de Lugo”
  3. Entregar certificado do secretario/a (Anexo VIII) e declaración responsable (Anexo XI)

 

LISTAXE DOS POSTOS FINANCIADOS

 

CONTACTO

Enderezo electrónico: plan.unico.emprego@deputacionlugo.org

Axenda emprego