A Deputación fai un importante esfozo inversor para o mantemento integral de toda a rede viaria provincial, que con máis de 4.000 quilómetros é unha das máis extensas de España. O organismo provincial atende todo tipo de incidencias que se produzan nas súas estradas a calquera hora do día e calquera día do ano, dende as provocadas polas inclemencias meteorolóxicas, como nevadas e xeadas, ata desprendementos de terra ou danos provocados na vía por accidentes de tráfico.
Ademais, brinda ós Concellos a posibilidade de que asuman directamente a roza das estradas de titularidade provincial que pasan polo seu termo municipal. Para isto, asínanse anualmente os correspondentes convenios coas Entidades Locais que se sumen a esta iniciativa. No resto das estradas, a contratación dos traballos realízase directamente dende a Deputación.
Silos de sal
A Deputación dispón de 12 silos de sal situados nos Concellos de Becerreá, Cervantes, O Courel, A Fonsagrada, Lugo, Meira, Navia de Suarna, O Incio, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil e O Valadouro.
Estes silos, cunha capacidade de 35 toneladas cada un, empregáronse por primeira vez no inverno de 2007 para atender as inclemencias meterolóxicas, especialmente as derivadas das nevadas e xeadas e garantir a accesibilidade da rede viaria provincial.
O organismo abastece de sal estes silos que son empregados, segundo as necesidades, polos vehículos do Parque Móbil Provincial ou polas empresas adxudicatarias dos contratos de conservación e mantemento integral das estradas.
Roza de estradas provinciais
A Deputación brinda ós Concellos a posibilidade de que asuman directamente a roza das estradas de titularidade provincial dentro do seu termo municipal. Para isto, desde 2008 asínanse anualmente os correspondentes convenios coas Entidades Locais que se sumen a esta iniciativa.
Este é un novo sistema de Cooperación cos Concellos xa que a Deputación lles aboa unha cantidade por quilómetro e os municipios poden realizar os traballos de roza cos seus propios medios materiais e persoais ou contratalos directamente.
No resto das estradas, a contratación do desbroce realízaa directamente a Deputación.
Plan de Conservación Integral da Rede Viaria
O Plan de Conservación e Mantemento Integral da rede viaria provincial atinxe a 4.199 quilómetros de estradas, que se dividen en 13 zonas.
Este Plan prima, por enriba de todo, a seguridade vial nas estradas das que é titular a Deputación.
Contempla as seguintes actuacións:
TRECE ZONAS NAS QUE SE DIVIDE A PROVINCIA PARA A CONSERVACIÓN E MANTEMENTO INTEGRAL DA REDE PROVINCIAL DE ESTRADAS
Zona 1:
Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove, Burela, Cervo e Ourol.
Prezo de licitación: 848.946 euros (incluído IVE).
Quilómetros: 287,452
Zona 2:
Concellos: O Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
Prezo de licitación: 828.240 euros (incluído IVE).
Quilómetros: 297,837
Zona 3:
Concellos: Mondoñedo, Abadín, A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
Prezo de licitación: 773.024 euros ( incluído IVE).
Quilómetros: 324,357
Zona 4:
Concellos: Meira, Ribeira de Piquín, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei e Rábade.
Prezo de licitación: 883.456 euros ( incluído IVE).
Quilómetros: 318,075
Zona 5:
Concellos: Muras, Xermade, Vilalba, Guitiriz e Begonte.
Prezo de licitación: 800.632 euros (IVE incluído).
Quilómetros: 319,977
Zona 6:
Concellos: Lugo, Guntín, Friol e Palas de Rei.
Prezo de licitación: 786.828 euros ( IVE incluído).
Quilómetros:367,874
Zona 7:
Concellos: Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
Prezo de licitación: 869.652 euros ( IVE incluído).
Quilómetros:320,938
Zona 8:
Concellos: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
Prezo de licitación: 800.632 euros ( IVE incluído).
Quilómetros: 288,267
Zona 9:
Concellos: Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita.
Prezo de licitación: 842.044 euros ( IVE incluído).
Quilómetros: 330,331
Zona 10:
Concellos: O Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas do Sil.
Prezo de licitación: 800.632 ( IVE incluído).
Quilómetros: 316,447
Zona 11:
Concellos: Monforte, Bóveda, Pobra do Brollón, Sober e Pantón.
Prezo de licitación: 786.828 euros ( IVE incluído).
Quilómetros: 369,501
Zona 12:
Concellos: O Páramo, Portomarín, Sarriá, Paradela e O Saviñao.
Prezo de licitación: 828.240 euros ( IVE incluído).
Quilómetros: 327,688
Zonas 13:
Concellos: Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, Chantada e Carballedo.
Prezo de licitación: 814.436 euros (IVE incluído).
Quilómetros: 331,197
TOTAL: Concellos: 67
Prezo de licitación: 10.663.590 euros
Quilómetros: 4.199
Descarga do arquivo