Menu toggle
Infraestructuras

O Servizo de Vías e Obras ten encomendada a xestión da rede de estradas de titularidade desta Deputación, comprendendo tarefas de:

  • Formación e actualización do Inventario de características, catálogo e mapa da rede viaria provincial, e medición da intensidade de tráfico.
  • Redacción de proxectos técnicos e dirección facultativa de obras de Construción de novas estradas ou de mellora de trazado, rehabilitación de pavimento e sinalización das existentes; así como as actuacións para Conservación ordinaria das vías e aquelas reparacións extraordinarias que foran necesarias para a súa eventual reposición.
  • Actividades de axuda á Vialidade para o mantemento das mellores condicións de seguridade e comodidade de circulación compatibles coas circunstancias existentes derivadas de condicións meteorolóxicas adversas (neve, xeadas, temporais de chuvia ou vento...), accidentes de circulación, incidencias por execución de obras...
  • Actividades de Explotación para o control e vixilancia do uso da rede viaria, con tramitación dos expedientes de autorizacións de obras, instalacións e actividades nas zonas de dominio público e de protección das estradas, así como emisión de Informes sobre o planeamento urbanístico municipal que afecte ao seu entorno.
  • Realización de Estudos e informes sobre actuacións en materia de infraestruturas e ordenación do territorio promovidas por esta Deputación ou por outras administracións públicas de ámbito estatal, autonómico ou local, en canto afecten á rede viaria ou aos intereses xerais da Provincia.

Axenda Infraestructuras

June 2025

Sun
01
Mon
02
Tue
03
Wed
04
Thu
05
Fri
06
Sat
07
Sun
08
Mon
09
Tue
10
Wed
11
Thu
12
Fri
13
Sat
14
Sun
15
Mon
16
Tue
17
Wed
18
Thu
19
Fri
20
Sat
21
Sun
22
Mon
23
Tue
24
Wed
25
Thu
26
Fri
27
Sat
28
Sun
29
Mon
30
Tue
01
Wed
02
Thu
03
Fri
04
Sat
05