Menu toggle
Cooperación cos Concellos

Programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2022


Axudas de concorrencia competitiva para sufragar gastos derivados de investimentos/equipamentos (inversións) coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal dentro do programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios.

Nesta edición do ano 2022, a Deputación de Lugo dispón dun crédito orzamentario de 300.000,00 euros.

Os beneficiarios poderán ser:

- Persoas xurídicas: AA.VV., CMVMC, comunidades de usuarios de augas, asociacións de mulleres rurais e asociacións de gandeiros e agricultores ou de productores forestais.

- Agrupacións de veciños (Integradas por un mínimo de 3 persoas).

Os importes das subvencións a conceder estarán comprendidos entre 1.000,00 e 6.000,00 €, debendo ser financiado cando menos o 5% do custo da actuación subvencionada pola propia entidade beneficiaria.

Os interesados poderán solicitalas no prazo dun mes dende a publicación no BOP.

Descarga das bases e modelos de solicitude

- SOLICITUDE DAS AXUDAS:

A documentación a presentar detállase na Base 11 das Bases da Subvención 2022 (formato pdf).

Descarga dos Anexos da solicitude da subvención

  • PERSOAS XURIDICAS (Anexo I, Anexo I-Continuación e Anexo II), xunto co resto de documentación requirida
  • AGRUPACIÓNS (Anexo I, Anexo I Continuación), xunto co resto de documentación requirida.

As solicitudes poderán presentarse cos modelos normalizados dispoñibles nesta páxina Web, na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Se presenta a solicitude pola Sede electrónica da Deputación de Lugo:

Sede > Catálogo de Servizos>Trámites Xerais > Presentación de escritos  > En datos Específicos (Servizo/Unidade): Planes Especiales.

x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-x-o-x-o-x

- PUBLICACIÓN BOP  (B.O.P. - Nº 097 - 28/04/2023 en pax. 1)

Prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente acordo no BOP de Lugo, para que os interesados poidan presentar alegacións.

x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-x-o-x-o-x

- PUBLICACIÓN BOP  (B.O.P. - Nº 115 - 22/05/2023 en pax. 1)

XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO

MODIFICACIÓN DAS BASES Modificación das Bases (B.O.P. - Nº 131 - 09/06/2023 en pax. 1)

MODIFÍCASE A BASE 7 DE SUBVENCIÓN. GASTOS SUBVENCIONABLES, apartado 2:

AMPLÍOUSE O PRAZO DE EXECUCIÓN: Os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen do 1 de outubro de 2022 ao 30 de setembro de 2023.

AMPLÍOUSE O PRAZO DE XUSTIFICACIÓN: O Beneficiario deberá achegar, como data límite a 30 de outubro de 2023, a conta xustificativa que acredite a execución e os gastos derivados da actuación subvencionada.

XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO

- SOLICITUDE DE ANTICIPOS:

A documentación a presentar detállase na Base 8 das Bases da Subvención 2022 (formato pdf).

Descarga dos Anexos da solicitude de Anticipo

  • PERSOAS XURIDICAS (Anexo III), xunto co resto de documentación requirida
  • AGRUPACIÓNS (Anexo III), xunto co resto de documentación requirida.

 

- XUSTIFICACIÓN:

A documentación a presentar detállase na Base 13 das Bases da Subvención 2022.

Descarga dos Anexos da xustificación da Subvención

FORMATOS PDF:

  • PERSOAS XURIDICAS (Anexo I, II, III, e IV), xunto co resto de documentación requirida na (Base 13).
  • AGRUPACIÓNS (Anexo I, II, III, e IV), xunto co resto de documentación requirida na (Base 13).

FORMATOS EDITABLES (odt) (se precisa incluir mais de 4 facturas no anexo II):

  • PERSOAS XURIDICAS (Anexo I, II, III, e IV), xunto co resto de documentación requirida na (Base 13).
  • AGRUPACIÓNS (Anexo I, II, III, e IV), xunto co resto de documentación requirida na (Base 13).

Axenda Cooperación cos Concellos