Menu toggle
Cooperación cos Concellos

Programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2024


Axudas de concorrencia competitiva para sufragar gastos derivados de investimentos/equipamentos (inversións) coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal dentro do programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios.

Nesta edición do ano 2024, a Deputación de Lugo dispón dun crédito orzamentario de 300.000,00 euros.

Os beneficiarios poderán ser:

- Persoas xurídicas: AA.VV., CMVMC, comunidades de usuarios de augas, asociacións de mulleres rurais e asociacións de gandeiros e agricultores ou de productores forestais.

- Agrupacións de veciños (Integradas por un mínimo de 3 persoas).

Os importes das subvencións a conceder estarán comprendidos entre 1.000,00 e 6.000,00 €, debendo ser financiado cando menos o 5% do custo da actuación subvencionada pola propia entidade beneficiaria.

XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO

Descarga das bases e modelos de solicitude

- SOLICITUDE DAS AXUDAS:

A documentación a presentar detállase na Base 11 das Bases da Subvención 2024 (formato pdf).

Descarga dos Anexos da SOLICITUDE da subvención:

- PERSOAS XURIDICAS:

  • Anexo I (debe asinarse electrónicamente)
  • Anexo I-Continuación (debe asinarse electrónicamente)
  • Anexo II (debe asinarse electrónicamente polo presidente e secretario da entidade)
  • Anexo IV, presentar cando teña previsto realizar subcontratación (debe asinarse electrónicamente),

     Todo elo xunto co resto de documentación requirida.

- AGRUPACIÓNS:

As solicitudes poderán presentarse cos modelos normalizados dispoñibles nesta páxina Web, de forma telemática na Sede Electrónica da Deputación, de maneira presencial no Rexistro Xeral da Deputación Provincial ou nos rexistros previdos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Dende o 23/03/2024 ata 22/04/2024.

Se presenta a solicitude pola Sede electrónica da Deputación de Lugo:

Sede > Catálogo de Servizos>Trámites Xerais > Presentación de escritos  > En datos Específicos (Servizo/Unidade): Plans Especiais.

XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO

MODIFICACIÓN DAS BASES (B.O.P. - Nº 277 - 30/11/2024 en pax. 1. R. 3771)

MODIFÍCASE PRAZO DE EXECUCIÓN E DE XUSTIFICACION.

  • BASE 7 DE SUBVENCIÓN. GASTOS SUBVENCIONABLES, apartado 2:

    AMPLÍOUSE O PRAZO DE EXECUCIÓN: Os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen do 1 de maio de 2024 ao 30 de abril de 2025.

  • BASE 13 DE SUBVENCIÓN. XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS:

    AMPLÍOUSE O PRAZO DE XUSTIFICACIÓN: O Beneficiario deberá achegar, como data límite a 30 de xuño de 2025, a conta xustificativa que acredite a execución e os gastos derivados da actuación subvencionada.

     

XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO

Axenda Cooperación cos Concellos