O Servizo de Vías e Obras ten encomendada a xestión da rede de estradas de titularidade desta Deputación, comprendendo tarefas de:
- Formación e actualización do Inventario de características, catálogo e mapa da rede viaria provincial, e medición da intensidade de tráfico.
- Redacción de proxectos técnicos e dirección facultativa de obras de Construción de novas estradas ou de mellora de trazado, rehabilitación de pavimento e sinalización das existentes; así como as actuacións para Conservación ordinaria das vías e aquelas reparacións extraordinarias que foran necesarias para a súa eventual reposición.
- Actividades de axuda á Vialidade para o mantemento das mellores condicións de seguridade e comodidade de circulación compatibles coas circunstancias existentes derivadas de condicións meteorolóxicas adversas (neve, xeadas, temporais de chuvia ou vento...), accidentes de circulación, incidencias por execución de obras...
- Actividades de Explotación para o control e vixilancia do uso da rede viaria, con tramitación dos expedientes de autorizacións de obras, instalacións e actividades nas zonas de dominio público e de protección das estradas, así como emisión de Informes sobre o planeamento urbanístico municipal que afecte ao seu entorno.
- Realización de Estudos e informes sobre actuacións en materia de infraestruturas e ordenación do territorio promovidas por esta Deputación ou por outras administracións públicas de ámbito estatal, autonómico ou local, en canto afecten á rede viaria ou aos intereses xerais da Provincia.