EXPROPIACIÓNS
OBXECTO
A asistencia neste campo ten por obxecto cooperar cos Concellos no exercicio da potestade expropiatoria, tanto na tramitación dos expedientes como na taxación e valoracións.
LIÑAS DE ACTUACIÓN
- Asistencia na tramitación de expedientes expropiatorios: expropiacións ordinarias, urxentes e urbanísticas.
- Taxacións e valoracións para a determinación do prezo xusto.
- Resposta a consultas.
- Confección de expedientes e documentos tipo.
BENS E PATRIMONIO
OBXECTO
Este acto de colaboración ten por obxecto asistir ós Concellos na xestión do seu patrimonio, e poderá abranguer dende o asesoramento xurídico, ata a cooperación en materia de confección do inventario de bens e dereitos.
CONTIDO
- Confección de expedientes e documentos tipo para a xestión patrimonial.
- Cooperación na elaboración de inventarios municipais de bens e dereitos.
- Resposta a consultas.