Obxecto
O Servizo de Arquivo cooperará e asistirá ós Concellos en materia de organización e xestión dos arquivos.
Obxecto
O Servizo de Protocolo da Deputación colaborará, previa petición do señor Alcalde-Presidente do respectivo Concello, no desenvolvemento do protocolo local, tanto dende o punto de vista práctico como formativo.
A asistencia e cooperación en materia de formación dos empregados municipais levarase a cabo nos termos da carta de servizos aprobada pola Resolución da Presidencia de data 9 de xullo de 2008 e publicada no Boletín Oficial da Provincia número 171, do 26 de xullo de 2008.