Menu toggle
Cooperación cos Concellos

 

O Plan Único de Cooperación cos Concellos é un plan propio da Deputación de Lugo destinado aos 67 concellos da provincia, elaborado no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 32 e 33 do Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que establecen a obriga das deputacións provinciais de “aprobar anualmente un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia. O plan deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos criterios de distribución dos fondos que, en todo caso han de ser obxectivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos servizos dos concellos.  

Estes criterios obxectivos son aprobados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). O Plan finánciase coas achegas da Deputación e as que realicen os concellos para completar o financiamento dos investimentos, servizos e actuacións.


Axenda Cooperación cos Concellos