Menu toggle
Cooperación cos Concellos

PLAN ÚNICO 2020

A Deputación de Lugo, a través do Plan Único 2020, inxecta de maneira directa nos 67 municipios da provincia 21,3M€, o que supón un incremento de 300.000€ con respecto ao ano pasado. Ante o novo escenario de prioridades e necesidades ao que se enfrontan os concellos debido á crise sanitaria do Covid-19, as bases do Plan Único adaptáronse para que os municipios que así o necesiten queden exentos da obriga de destinar o 50% da achega da Deputación a investimentos para poder dedicar ese importe a cubrir necesidades que xurdan a raíz do impacto do coronavirus.
Deste xeito, este plan de cooperación municipal da Deputación contribuirá a cubrir servizos sociais e velar pola calidade de vida e o benestar da cidadanía, e tamén á reactivación da economía e do emprego.


Os fondos distribúense entre todos os municipios da provincia en base a criterios totalmente obxectivos, como son a poboación, superficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón axudas dun máximo de 500.000 euros nos maiores concellos da provincia, que son os de Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria; e de aproximadamente 200.000 nos municipios máis pequenos, como Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.

Distribución fondos Plan Unico

 

DOCUMENTACIÓN E LIGAZÓNS

Axenda Cooperación cos Concellos