Deputación de Lugo
Emprego
Formación

A Deputación impulsa o máster Dirección de Persoas Paulo Fabio do Campus Terra con 12.000€

Máster Paulo Fabio
Tomé Roca e o presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo renovaron o acordo de colaboración para financiar os gastos derivados dos estudos de posgrao

O Presidente sinalou que “esta axuda enmárcase no compromiso da institución provincial coa educación e promover Lugo como destino universitario”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario da Fundación Campus Universitario de Lugo, Jaime Luis López Vázquez, renovaron no Pazo de San Marcos o acordo a través do que a institución provincial achega 12.000€ para o financiamento dos gastos derivados dunha nova edición do máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio.

José Tomé sinalou que “esta axuda enmárcase no compromiso da institución provincial coa educación, porque cremos que a educación é o mellor investimento de futuro. Seguiremos na nosa liña de promover Lugo como un destino universitario”.

Este máster Paulo Fabio realízase na Escola de Relacións Laborais e trátase dunha formación para dotar ao alumnado das competencias en Dirección de Recursos Humanos, dirixida especialmente a titulados universitarios e alumnos matriculados en 3º Grado que queiran completar os seus estudos.

 O ciclo, que se desenvolverá entre o vindeiro mes de outubro e maio de 2022, conta con dúas modalidades, semipresencial ou online. O prazo de matrícula estará aberto entre o 1 e o 30 de setembro e a presentación de solicitudes pode facerse na secretaría da Escola de Relacións Laborais ou na seguinte ligazón: https://relacioneslaboraleslugo.com/es/master-en-direccion-de-personas-paulo-fabio/